domingo, 24 de mayo de 2020
Mercaterra
Ola a todos e todas!! Seguimos coas nosas tarefas. Lembrádesvos que tíñamos en mente comezar a facer uso do "Mercaterra" do cole?, pois ben, como non é posible quero que fagamos un pequeno mercaterra nas nosas casas. A continuación propóñovos unha lista con pequenas tarefas relacionadas co mercaterra:
1) Facer unha lista da compra.
2) Estimar o prezo dos produtos.
3) Facer unha búsqueda en internet ou consultar ás familias os prezos dos produtos da compra.
4) Escoller de toda a lista os catro produtos máis saudables.
Podedes responder a través dos comentarios do blogue ou ben mandarme ao e-mail arantxagr2016@gmail.com as vosas actividades.
Unha aperta a todos e todas!
domingo, 17 de mayo de 2020
Día das letras galegas
Ola a todos e todas!! Hoxe é o Día das Letras Galega. Desde 1963 a Real Academia Galega(RAG) decidiu dedicarlle esta data a un autor ou autora que destaque na defensa e promoción da lingua e cultura galega. Este ano 2020 a RAG tomou a decisión de honrar nesta celebración a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) dado o seu compromiso galeguista. A continuación deíxovos un enlace a un vídeo e canción no que repasa a súa vida. Espero que vos guste.
Unha aperta enorme a todos e todas!
https://www.youtube.com/watch?v=AkEx4ejQS5I
jueves, 14 de mayo de 2020
" A nosa guía de viaxe"
Ola a todos e todas! Xusto antes de que comezara o confinamento estábamos a punto de rematar a nosa guía de viaxe, lembrádesvos?
Estivemos investigando sobre os lugares aos que nos gustaría viaxar como a París, ao Caribe, Canadá…buscamos os km de distancia que hai desde España, o prezo do transporte, o prezo do aloxamento para 15 días, lugares de interese que visitar… Tíñamos pendente facer as contas do custo das viaxes.
A continuación deíxovos a lista dos países elixidos, tedes que sumar o prezo do transporte máis o do aloxamento.
Sabela Rusia
Carmen Hawai
Marco Canadá
Deiene París
Antía Roma
Diego Ecuador
Carlos Bélxica
Anibal Illas Canarias
Lara Brasil
Miguel Vigo
María Caribe
Luís Caribe
Pablo Vilagarcía de Arousa
Jhonathan Hawai
Pholl Perú
Lucas Madrid
Esteban Madrid
Para calquera dúbida podedes escribir ao meu correo: arantxagr2016@gmail.com.
Unha aperta a todos e todas!
jueves, 7 de mayo de 2020
"Exercitamos atención e memoria"
Ola a todos/as!! Espero que esteades todos moi ben, xa queda menos para volver a vernos😊.
Deíxovos un enlace a unha páxina web onde atoparedes diferentes xogos moi entretenidos e que nos axudaran a reforzar a nosa atención e memoria. Espero que vos gusten!
Unha aperta!
https://www.symbaloo.com/mix/atencionymemoria
Deíxovos un enlace a unha páxina web onde atoparedes diferentes xogos moi entretenidos e que nos axudaran a reforzar a nosa atención e memoria. Espero que vos gusten!
Unha aperta!
https://www.symbaloo.com/mix/atencionymemoria
viernes, 1 de mayo de 2020
Xogamos na festividade!!
Ola a todos e todas, espero que esteades disfrutando da mellor maneira posible deste día festivo. Quero deixarvos un par de xogos para amenizarvos un pouco o confinamento. Na imaxe atoparedes un xogo de parchís diferente co que vos divertiredes moito.
Na ligazón atoparedes una páxina onde podedes simular facer pedidos a domicilio e saber o prezo que nos supoñería. Espero que vos gusten.
Unha aperta grande a todos e todas, xa queda menos!!
file:///C:/Users/Gelis/Desktop/Comida%20a%20domicilio.pdf
Na ligazón atoparedes una páxina onde podedes simular facer pedidos a domicilio e saber o prezo que nos supoñería. Espero que vos gusten.
Unha aperta grande a todos e todas, xa queda menos!!
file:///C:/Users/Gelis/Desktop/Comida%20a%20domicilio.pdf
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
