jueves, 23 de abril de 2020

Día do libro


Feliz día do libro a todos e todas!

Con motivo deste día propóñovos facer un marcapáxinas bonito que acompañe os vosos libros. Neste vídeo veredes como, dun xeito sinxelo, podemos elaborar un. 

Pinchade aquí, https://www.youtube.com/watch?v=bN1SXR95XX4.


A continuación neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=kpOvd-8Iyvc  podedes ver e escoitar un conto moi bonito “ El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa” que nos fará reflexionar, tanto a pequenos coma a grandes, sobre os estereotipos existentes na sociedade. Espero que vos guste!!

jueves, 16 de abril de 2020

Benvidos/as ao Refórza-t online (Proa)

Ola a todas e todos!!Son Arantxa a profe do Proa. Teño un montón de gañas de ter noticias vosas. Poñemos a vosa disposición este blog para poder seguir traballando , na medida do posible, nas tarefas que tíñamos plantexadas e así poder seguir reforzando os nosos coñecementos, habilidades... Gustaríame tamén poder comunicarnos polo blog. En cada entrada abaixo de todo hai un apartado que pon "comentarios" ahí podedes deixar as vosas actividades, colgar algún vídeo... Deíxovos o meu correo para calquera dúbida arantxagr2016@gmail.com.



A primeira actividade que vos plantexamos ten que ver cos sentimentos que temos nesta situación que estamos a vivir. Lembrádesvos das nosas pulseiras das emocións? Gustaríame moitisimo saber con que cor ou cores os identificais nestes momentos. Imaxino que tedes moitos sentimentos e emocións diferentes ao longo do confinamento como pena, medo, alegría, paz...Gustaríame que nos contarades como os sentides a través dun vídeo, carta, debuxo...e compartilo coas vosas familias.