jueves, 16 de abril de 2020

Benvidos/as ao Refórza-t online (Proa)

Ola a todas e todos!!Son Arantxa a profe do Proa. Teño un montón de gañas de ter noticias vosas. Poñemos a vosa disposición este blog para poder seguir traballando , na medida do posible, nas tarefas que tíñamos plantexadas e así poder seguir reforzando os nosos coñecementos, habilidades... Gustaríame tamén poder comunicarnos polo blog. En cada entrada abaixo de todo hai un apartado que pon "comentarios" ahí podedes deixar as vosas actividades, colgar algún vídeo... Deíxovos o meu correo para calquera dúbida arantxagr2016@gmail.com.



A primeira actividade que vos plantexamos ten que ver cos sentimentos que temos nesta situación que estamos a vivir. Lembrádesvos das nosas pulseiras das emocións? Gustaríame moitisimo saber con que cor ou cores os identificais nestes momentos. Imaxino que tedes moitos sentimentos e emocións diferentes ao longo do confinamento como pena, medo, alegría, paz...Gustaríame que nos contarades como os sentides a través dun vídeo, carta, debuxo...e compartilo coas vosas familias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario